InicioEconomíaSargadelos presenta un Erte que afectará á práctica totalidade do persoal de...

Sargadelos presenta un Erte que afectará á práctica totalidade do persoal de Cervo

A suspensión dos contratos, que afectaría a unhas 90 persoas na fábrica cervense, tamén se aplicará á maioría das empregadas de Sada

Publicada o

- Advertisement -

Sargadelos presentou este venres un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) que afectará practicamente á totalidade do persoal das súas fábricas de Cervo e Sada. As dúas factorías do grupo empresarial suman arredor de 210 traballadoras, a metade no municipio cervense.

Na fábrica da Mariña Lucense, o Erte afectaría a todo o persoal agás empregados de mantemento e as traballadoras encargadas da venta online.

O pasado día 19, Sargadelos xa anunciara un Erte para uns 20 empregados do departamento comercial, segundo recolleu La Voz de Galicia. Malia que conta con pedidos fixos e venta a través de Internet, a caída da demanda a causa do estado de alarma e a crise sanitaria motivada polo coronavirus fixeron que a empresa decidise aplicar tamén o expediente ao resto do persoal.

CASE 3.000 EMPRESAS PRESENTARON SOLICITUDES

Segundo informou a Consellería de Industria, Economía e Emprego, ata este venres solicitáronse 2.954 Ertes na provincia desde que o Goberno central declarou o estado de alarma. Os expedientes afectarían a un total de 9.932 traballadores de empresas lucenses.

 

ERTES

PERSOAS TRABALLADORAS

A Coruña

9.100

41.783

Lugo

2.954

9.932

Ourense

2.948

11.807

Pontevedra

7.929

49.770

Autonómico

688

11.626

Estatal

32

s.d.

TOTAL

23.651

124.918

 

No global galego, documentáronse 23.651 solicitudes, que afectarían a un total de 124.918 traballadores, segundo as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...